Enlaces Químicos

O enlace químico é a union entre dous ou mais átomos para formar unha molécula ou unha rede cristalina. Os primeiros planteamentos sobre como se formaban os enlaces e o porque de que se formaran, surdiron a principios do século XII, pero non seria ata mediados do seculo XIX cando se empezan a desenrolar teorias como as das valencias (ou nº de oxidación) por cientificos como Edward Frankland, Friedrich Kekulé e Hermann Kolbe. Na teoría de valencias, explicabase como se atraian os elementos grazas a atraccion dos protóns (positivos) e os electróns (negativos). Un seculo despois, Gilbert Lewis desenrolou a idea da unión de dous en dous electróns.
Tipos de enlaces: Hai varios tipos de enlaces químicos que coñecemos, pero soamente nomearemos 3, que son
  1. Enlace iónico
  2. Enlace covalente
  3. Enlace metálico
  1. O enlace iónico: Este tipo de enlace dase entre átomos metálicos e non metálicos como pode ser o caso do sodio(Na) e o cloro(Cl). Ambolos dous atomos queren perder ou ben gañar electróns para poder ter no seu último orbital 8 electróns e parecerse ó gas nobre que ten mais preto del, é dicir, intentar consegui-la establidade. Como xa sabemos, os elementos metálicos, situados na parte esquerda da táoa perióica, teñen unha forte tendencia a cede-los electróns que ten no seu último orbital para acada-la estabilidade, e os elementos non metálicos, situados na dereita na táboa periódica (agás o hidróxeno que esta na esquerda) teñen unha forte tendencia a capta-los electróns. Primeiro, para poder halla-la molecula que resulta de este enlace, hai que face-la configuración electrónica de ambolos dous elementos. No caso do sodio é a seguinte: 1S2, 2S2, 2P6 3S1. No caso do cloro é a seguinte: 1S2, 2S2, 2P6, 3S2, 3P5. O que fara o cloro, sera capta-lo electrón que o sodio deixa libre, de tal maneira que formaran o cloruro sodico(NaCl) coñecido como a sal común.

Propiedades do enlace iónico:
  • A grande intensidade das forzas de atraccion electrostática é a causa de que tódolos compostos iónicos sexan sólidos de alta temperatura de fusión.
  • A solubilidade en auga destas substancias en auga é moi variable. Hai substancias moi solubles e outras totalmente insolubles.
  • Disoltas en auga conducen bastante ben a electircidade.
  • Alta fraxilidade debido a disposición alterna de ións de signo oposto.

Mais adiante os enlaces covalente e metálico.




1 comentario:

eloy dijo...

a ver, non se trata de repetir as cousas de clase, senón de buscarse a vida un pouco máis aló; todo o que dicides sobre o enlace iónico é de clase, hai que partir das cousas de clase pero para terminar saíndo delas

o deseño moi ben, moi limpo e claro