Bombas atómicas: bombas de fisión nuclear

O seu funcionamento baséase na escisión dun núcleo pesado en elementos máis lixeiros mediante o bombardeo de neutróns que, ó impactar no devandito material, provocan unha reacción nuclear en cadea. Para que isto suceda fai falla usar núcleos fisibles ou físiles como o uranio-235 ou o plutonio-239. Segundo o mecanismo e o material usado coñécense dous métodos distintos para xerar unha explosión nuclear; o da bomba de plutonio e o da de uranio.
a. A bomba de plutonio:
Para a sua fabricación, rodéase a masa fisionable de explosivos especialmente deseñados para comprimir o plutonio, de forma que unha esfera de plutonio do tamaño dunha pelota de tenis redúcese case instantáneamente ata un volume de 2 a 4 veces menor, aumentando na mesma proporción a densidad do material; con todo, utilízanse esferas ocas de diámetro algo maior. A masa comprimida que inicialmente non era crítica, si o é nas novas condicións de densidad e xeometría, iniciándose unha reacción en cadea de fisión nuclear descontrolada ante a presenza de neutróns, que acaba provocando unha violenta explosión e a destrución total dentro dun perímetro limitado. Dato: (a bomba lanzada na Segunda Guerra Mundial sobre Nagasaki era de plutonio)
b. A bomba de uranio:
Neste caso, para a fabricación da bomba de uranio, a unha masa de uranio, chamada subcrítica, engádeselle unha cantidade do mesmo elemento químico para conseguir unha masa crítica que comeza a fisionar por si mesma. Ó mesmo tempo engádenselle outros elementos que potencian (danlle máis forza) á creación de neutróns libres que aceleran a reacción en cadea, provocando a destrución dun área determinada por unha onda de destrución masiva desencadeada "grazas" á liberación de neutróns.

3 comentarios:

eloy dijo...

excesivamente parecido a
http://es.wikipedia.org/wiki/Bomba_at%C3%B3mica

Anónimo dijo...

joder elo komo t kemas...

Aitor dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.